Do conxunto das biomoléculas, as proteínas, son das máis importantes para o
desenvolvemento da vida. O por qué desta afirmación atopámolo en que as proteínas son
as biomoléculas orgánicas máis abundantes dos seres vivos (representan o 50% do peso
seco dunha célula), capaces de levar a cabo funcións tan dispares como a enzimática
(biocatalizadora), estrutural, reserva ou mesmo defensiva.
Os bioelementos constituíntes das proteínas son: C, O, H e N, en menor medida P e S e
poden presentar pequenas concentracións de Fe, Cu, Mg, etc.
As proteínas son moléculas de grande peso molecular, que poden adquirir unha grande
complexidade e diversidade estrutural. Son as proteínas, en consecuencia, as moléculas
máis variables no conxunto dos seres vivos, podéndose dicir case que cada ser vivo ten as
súas particulares proteínas. Cada organísmo é como é segundo as proteínas que fabrique.
Esta grande versatilidade estrutural débese a que son polímeros lineais duns monómeros,
os aminoácidos, unidos entre si mediante enlaces peptídicos (a diversidade ven dada
pola orde na que se sitúen os aminoácidos e polo número destes).
AMINOÁCIDO
Son moléculas que contan cun C𝛂 central, unido a 4
grupos diferentes: un grupo carboxilo (-COOH); un
grupo amino (-NH2); un hidrógeno e un grupo
variable de átomos chamado cadea lateral (R).
Esta cadea lateral cambia dun aminoácido a outro,
particularizando 20 aminácidos diferentes que
entran a formar parte das proteínas, os aminoácidos
proteicos. Existen en total uns 20 aminoácidos, a
maioria son aminoácidos non proteicos xa que non
forman parte das proteínas dos seres vivos; poden
atoparse libres nas células animais ou vexetais e
son precursores doutros aminoácidos ou son
intermediarios metabólicos.
Por ser o C𝛂 asimétrico, cada aminoácido admite dúas posibilidades isoméricas
(esteroisómeros). Dispoñendo o carboxilo cara arriba, se o grupo amino queda á dereita do
C𝛂, o isómero denomínase D. Se o grupo amino queda en cambio no lado esquerdo, o
isómero é de tipo L. Porén, só os L-aminoácidos constitúen as proteínas.
Os organismos heterótros, entre eles o ser humano, só son capaces de sintetizar algúns
aminoácidos proteicos a partir de compostos máis sinxelos; outros non poden sintetizalos e
téñenos que tomar na dieta. Estes últimos son os aminoácidos esenciais. Na especie
humana hai 8: Val, Phe, Leu, Ile, Trp, Met, Thr e Lys. Os organismos autótrofos, pola contra,
33
, si que poden sintetizar todos os aminoácidos proteicos. Con 20 aminoácidos proteicos, o
número de proteínas que se poden formar é practicamente infinito.
1. Propiedades.
Unha das propiedades máis características dos
aminoácidos libres é a de poder comportarse como
ácidos ou como bases grazas á presenza de
ámbolos grupos (amino e carboxilo) na mesma
molécula. Cando un aminoácido está en disolución
(en auga e polo tanto pH neutro) o carboxilo actúa
como ácido cedendo un protón á auga, mentres o
grupo amino o fai como base, roubándollo. Así o
aminoácido queda cargado negativamente no
carboxilo e positivamente no amino. A
este pH chámaselle punto isoeléctrico.
Os aminoácidos libres teñen, polo tanto,
comportamento anfótero, é dicir, poden
comportarse como ácidos ou como
bases segundo o pH da disolución.
Grazas a esta propiedade, cando a
concentración de protóns no medio é
elevado (pH < 7), a maior parte dos
carboxilos quedan na súa forma neutra
(-COOH), mentres os grupos amino non
se alteran, permanecendo con carga
positiva. É dicir, nesta situación (pH
ácido) os aminoácidos tenden a quedar
cargados positivamente. Se a
concentración de protóns é baixa (pH >
7), a concentración de OH será tamén
alta. Este exceso de hidroxilos fai que
queden a maior partes dos aminos na
súa forma neutra (-NH2), mentres cós
carboxilos non se verán afectados
permanecendo con carga negativa. Polo
tanto, nestas outra situación (pH > 7) os
aminoácidos tende a quedar con carga
negativa. Vemos pois que os
aminoácidos poden variar a súa carga
neta en función do pH do medio no que
se atopan disolvidos.
Como presentan un C asimétrico
presentan actividade óptica: serán
destróxiros ou levóxiros segundo
desvíen o plano no que vibra a luz
34
The benefits of buying summaries with Stuvia:
Guaranteed quality through customer reviews
Stuvia customers have reviewed more than 700,000 summaries. This how you know that you are buying the best documents.
Quick and easy check-out
You can quickly pay through credit card or Stuvia-credit for the summaries. There is no membership needed.
Focus on what matters
Your fellow students write the study notes themselves, which is why the documents are always reliable and up-to-date. This ensures you quickly get to the core!
Frequently asked questions
What do I get when I buy this document?
You get a PDF, available immediately after your purchase. The purchased document is accessible anytime, anywhere and indefinitely through your profile.
Satisfaction guarantee: how does it work?
Our satisfaction guarantee ensures that you always find a study document that suits you well. You fill out a form, and our customer service team takes care of the rest.
Who am I buying these notes from?
Stuvia is a marketplace, so you are not buying this document from us, but from seller carlagg. Stuvia facilitates payment to the seller.
Will I be stuck with a subscription?
No, you only buy these notes for $3.69. You're not tied to anything after your purchase.