Son as moléculas responsables da herdanza. Son substancias ácidas que se atoparon por
primeira vez no núcleo das células, estando constituídas por C, O, H, N e P. Trátase de
polímeros cun elevado peso molecular que por hidrólise parcial producen nucleótidos,
unidos entre si por enlaces fosfodiéster.
NUCLEÓTIDOS
A hidrólise parcial dos ácidos nucleicos produce unidades menores chamadas nucleótidos,
que a súa vez están constituídos por:
➔ Pentosa, con dúas posibilidades:
◆ Ribosa (𝛽-D ribofuranosa), orixina ribonucleótidos.
◆ Desoxirribosa (𝛽-D desoxirribofuranosa), forma desoxirribonucleótidos
➔ Ácido ortofosfórico, unido mediante un enlace éster-fosfórico ó C5 da pentosa.
➔ Base nitroxenada, denomínase así por ter comportamento de base e presentar
átomos de N. Aparecen unidas por un enlace N-glicosídico que se establece entre o
C1 da
e o N1 (das bases pirimidínicas) e o N9 (das bases púricas). Hai dous tipos de
bases:
◆ Púricas, bases de doble anel. Inclúen:
❖ Adenina (A)
❖ Guanina (G)
◆ Pirimidínicas, bases de anel simple. Con:
❖ Citosina (C)
❖ Timina (T), non presente en ribonucleótidos.
❖ Uracilo (U), non presente en desoxirribonucleótidos.
Denomínase nucleósido ó conxunto formado pola base nitroxenada maís a pentosa. Polo
tanto: nucleósido + ácido fosfórico = nucleótido.
59
, Por hidrólese alcalina os nucleótidos renden o nucleósido máis o ácido fosfórico mentres
que por hidrólese ácida renden a base nitroxenada e a pentosa unida ó ácido fosfórico.
O cadro seguinte reflicte os nucleótidos que entran a formar parte dos ácidos nucleicos,
indicando a base e a pentosa que forman os correspondentes nucleósidos, así como o
nome do nucleósido:
Nota: o nucleósido monofosfato é o NUCLEÓTIDO
Nucleótidos libres.
A maior parte dos nucleótidos proceden da hidrólise parcial dos ácidos nucleicos, porén,
existen outros nucleótidos nas células que teñen función en si mesmos.
Algúns son coenzimas, é dicir, moléculas que complementan a activdade das enzimas:
➔ CoA (coenzima A), trátase dun derivado do ADP que se une ós ácidos orgánicos
para que participen no metabolismo celular.
➔ NAD (dinucleótido de nicotinamida e adenina), NADP (como o anterior pero
fosforilado) e FAD (flavín-adenin-dinucleótido). Son cofactores da deshidroxenasa
nas reaccións de óxido-redución.
Outros nucleótidos libres nas células son:
➔ ATP (adenosín-trifosfato), é a moeda enerxética das células. Transire a enerxía
almacenada no enlace éster fosfórico do mesmo. Os ADP (adenosín-difosfato) e
AMP (adenosín-monofosfato) resultantes da súa rotura poden volver a reciclarse en
ATP grazas a outras reaccións que produzcan enerxía (como a respiración nas
mitocondrias). Outros fosfatos de nucleótidos presentes nas células que
desenvolven funcións semellantes son GTP, CTP, TTP e UTP.
➔ AMPc, actúa como segundo mensaxeiro na recepción de sinais externas na célula
(por exemplo en procesos hormonais).
60
The benefits of buying summaries with Stuvia:
Guaranteed quality through customer reviews
Stuvia customers have reviewed more than 700,000 summaries. This how you know that you are buying the best documents.
Quick and easy check-out
You can quickly pay through credit card or Stuvia-credit for the summaries. There is no membership needed.
Focus on what matters
Your fellow students write the study notes themselves, which is why the documents are always reliable and up-to-date. This ensures you quickly get to the core!
Frequently asked questions
What do I get when I buy this document?
You get a PDF, available immediately after your purchase. The purchased document is accessible anytime, anywhere and indefinitely through your profile.
Satisfaction guarantee: how does it work?
Our satisfaction guarantee ensures that you always find a study document that suits you well. You fill out a form, and our customer service team takes care of the rest.
Who am I buying these notes from?
Stuvia is a marketplace, so you are not buying this document from us, but from seller carlagg. Stuvia facilitates payment to the seller.
Will I be stuck with a subscription?
No, you only buy these notes for $3.58. You're not tied to anything after your purchase.