100% satisfaction guarantee Immediately available after payment Both online and in PDF No strings attached
logo-home
Apuntes Historia Del Presente $5.39   Add to cart

Class notes

Apuntes Historia Del Presente

 7 views  0 purchase
  • Course
  • Institution

Apuntes de historia contemporánea

Preview 4 out of 69  pages

  • May 17, 2022
  • 69
  • 2021/2022
  • Class notes
  • José luis
  • All classes
avatar-seller
HISTORIA DO MUNDO
ACTUAL




CARMEN NOVO CASTIÑEIRAS
GRAO EN XORNALISMO

, GUERRA FRÍA
A segunda metade do século XX caracterízase por ser un período de cambios
a nivel mundial. Establécense novas conexións entre organizacións políticas
que tenden a homoxeneización e aumenta a solidariedade política
transnacional a partir de ideoloxías compartidas (comunismo,
anticolonialismo...) que gañan cada vez mais e mais protagonismo no ámbito
global. Ademais nestes anos sucédense novos movementos sociais causados
a raíz da organización política, como poden ser o ecoloxismo, feminismo ou
movementos de protesta estudantís. Isto xenera espazos de comunicación e
liberación supra estatal que condicionan a política interior.
Doutra banda, desaparecen dúas potencias que tiveron o monopolio xeopolítico
ata o momento: Xapón e Alemaña (se divide e deixas de posuír o poder militar).
Porén, seguen a destacar como potencias económicas.
Francia e Gran Bretaña seguen sendo potencias coloniais cuxo poder vese
incrementado ao gañar a guerra, sobre todo Gran Bretaña, que conta cun
imperio multicontinental. Ademais, xunto con Alemaña, dedica a maior parte
dos seus esforzos a reestruturarse internamente tras a fin do conflito bélico.


​O mundo dividido en bloques
O feito mais salientable e que vai condicionar a desenvolvemento do mundo
neste período e a formación de dúas superpotencias que compiten pola
hexemonía global e que crean unha estrutura xeopolítica mundial bipolar dende
1945 a 1989.
Desta maneira créanse dous bloques cuxos espazos de interacción supra
estatal se superpoñen de forma paralela. A súa ideoloxía e totalmente oposta:
os EEUU capitalistas e a URRSS de carácter comunista, que ademais
expande a súa ideoloxía nas chamadas democracias liberais.
O conflito baseouse en enfrontamentos indirectos en países aliñados (guerra
de Vietnam, guerra civil do Congo, Angola, Israel...), xa que as dúas potencias
nunca chegaron ao enfrontamento directo, pese a atoparse preto nalgunha
situación. Porén, ambas levaron a cabo unha carreira de armamento que
implicaba un perigo continuo, invertendo no desenvolvemento de novas armas
que usaban para abastecer os países foco dos conflitos.
Tratábase dunha guerra total na que as potencias querían impoñer a súa
cultura, sociedade ou estrutura económica. Ademais rescaldábanse en
competicións simbólicas como a carreira espacial ou os deportes.




1

, ​Conferencias aliadas
Ós inicios da Guerra Fría vincúlanse unha serie de conferencias aliadas
levadas a cabo tras o fin da Segunda Guerra Mundial.


1. CONFERENCIA DE TEHERÁN (1944)
Significa o punto culminante no seo da cooperación na Gran Alianza. Stalin,
Churchill e Roosevelt manteñen unha gran cordialidade grazas ós éxitos
soviéticos e a inminente apertura dun terceiro fronte na Europa Occidental, en
Normandía.
Esta marcos as liñas xenerais da Europa de posguerra, coa desmilitarización
de Alemaña e a creación das Nacións Unidas, movida pola emerxencia dunha
conciencia pacificadora de carácter mundial e promovida por Roosevelt.


2. CONFERENCIA DE YALTA (1945)
O obxectivo era avanzar o final do conflito,
nun momento onde as operacións contra as
potencias do Eixe tomaran un momento
decisivo. Volve a agrupar a Churchill, Stalin
e Roosevelt, os líderes das grandes
potencias.
Proponse a partición de Alemaña e de Berlín,
cunhas zoas de ocupación delimitadas
segundo o avance das potencias no territorio
alemás, con vantaxe do Exército Vermello.
Francia non acude, xa que Roosevelt non recoñecía a lexitimidade do goberno.
E, porén, si se contempla para o plan. Como consecuencia, Alemaña perde
territorios, e o obxectivo principal pasan a ser as reparacións financeiras dun
país destronado tras o remate da guerra.
Doutra banda, Polonia desprázase ata o oeste, anexionando os territorios
peridios por Alemaña. Estes acaban sendo países satélites do réxime
comunista baixo a ocupación da URSS. Aparte, lévanse a cabo os xuízos de
Nüremberg e as potencias vencedoras pasan a ter un papel clave nas Nacións
Unidas.
Procúrase a reconstrución de Europa por medios democráticos. Os gobernos
deberían convocar eleccións de vontade popular.




2

, 3. CONFERENCIA DE POSTDAM (1945) finais de xullo – principios de
agosto.
Cambian os protagonistas e o ambiente. Participan Truman, Clement Attle
(británico laboralista) e Stalin.
Finalízase a división administrativa de Alemaña co fin de establecer unha
autoridade suprema da Gran Alianza.
Tamén lévase a cabo a desnazificación, desmilitarización, descartelización e
democratización (legalidade dos partidos e sindicatos, convocatoria de
eleccións locais e un maior abanico de liberdades civís). Ademais disólvense
as organizacións nacional-socialistas e as organizacións militares e a industria
armamentística.

Reaxustanse as fronteiras.


De este modo, constituíronse as ​democracias populares​, países satélites
baixo o dominio da URSS. Quería expandir o comunismo polo mundo a través
dos partidos políticos de cada país.
Ante a ameaza expansionista soviética, EEUU e GB enfróntanse a esta
situación. A fins de febreiro de 1946, dúas semanas máis tarde dun ameazador
discurso de Stalin, unha longo ​telegrama de dezaseis páxinas foi enviado a
Washington desde a embaixada norteamericana en Moscova. Fora redactado
por ​George Kennan​, principal experto en asuntos soviéticos do Departamento
de Estado. Segundo Kennan, a URSS, impulsada polo tradicional sentimento
de inseguridade de Rusia e a súa visión marxista- leninista feramente
anticapitalista, era irremediablemente hostil a Occidente. O réxime soviético era
unha ditadura brutal ("un réxime policíaco por excelencia, alumado no escuro
mundo da intriga zarista e afeito pensar esencialmente en termos de política de
poder"). Moscova necesitaba inimigos estranxeiros para xustificar o seu brutal
goberno. Por iso, Kennan advertía, o goberno soviético trataría de continuar a
súa política expansionista cara a Europa occidental, poñendo en grave perigo a
seguridade de EE. UU.
Kennan non propoñía políticas concretas, pero sinalaba que o Kremlin era
"pouco influenciable pola lóxica da razón (...), pero moi sensible á lóxica da
forza". O telegrama concluía sinalando que pese ao perigo que supoñía o
carácter malévolo da ditadura comunista, a URSS seguía sendo máis débil que
Occidente, quen, se mantiña a súa "cohesión, firmeza e vigor", sería capaz de
influenciar o comportamento do goberno de Moscova.
Cabe destacar que EEUU non había sufrido ataques no seu territorio durante a
II Guerra Mundial e o número de baixas fora moderado, polo que a política de

3

The benefits of buying summaries with Stuvia:

Guaranteed quality through customer reviews

Guaranteed quality through customer reviews

Stuvia customers have reviewed more than 700,000 summaries. This how you know that you are buying the best documents.

Quick and easy check-out

Quick and easy check-out

You can quickly pay through credit card or Stuvia-credit for the summaries. There is no membership needed.

Focus on what matters

Focus on what matters

Your fellow students write the study notes themselves, which is why the documents are always reliable and up-to-date. This ensures you quickly get to the core!

Frequently asked questions

What do I get when I buy this document?

You get a PDF, available immediately after your purchase. The purchased document is accessible anytime, anywhere and indefinitely through your profile.

Satisfaction guarantee: how does it work?

Our satisfaction guarantee ensures that you always find a study document that suits you well. You fill out a form, and our customer service team takes care of the rest.

Who am I buying these notes from?

Stuvia is a marketplace, so you are not buying this document from us, but from seller maragarcía1. Stuvia facilitates payment to the seller.

Will I be stuck with a subscription?

No, you only buy these notes for $5.39. You're not tied to anything after your purchase.

Can Stuvia be trusted?

4.6 stars on Google & Trustpilot (+1000 reviews)

66579 documents were sold in the last 30 days

Founded in 2010, the go-to place to buy study notes for 14 years now

Start selling
$5.39
  • (0)
  Add to cart