100% satisfaction guarantee Immediately available after payment Both online and in PDF No strings attached
logo-home
Estructura económica de Galicia $7.22   Add to cart

Class notes

Estructura económica de Galicia

 2 views  0 purchase
  • Course
  • Institution

resúmenes de toda la asignatura

Preview 4 out of 54  pages

  • June 7, 2023
  • 54
  • 2022/2023
  • Class notes
  • Edelmiro lópez iglesias
  • All classes
avatar-seller
Estructura económica de Galicia

Tema 2

APROXIMACIÓN GLOBAL ÁS TRANSFORMACIÓNS NO PERÍODO 1960-
2020: PRODUCIÓN, RENDA E MUDANZAS NA ESTRUTURA PRODUTIVA

Até 1980 os únicos datos disponíbeis son os da serie Renta Nacional de España y su
distribución provincial, elaborada polo Servicio de Estudos do Banco de Bilbao (actualmente
Fundación BBVA). Unido aos datos para os anos recentes da Fundación das Caixas de Aforros
(FUNCAS), ofrecen unha serie 1955-2007.

A partir de 1980, ademais da fonte anterior, contamos con series estatísticas de organismos
oficiais:

- INE, Contabilidad Regional de España. Datos para o período 1980- 2020.
- IGE, Contas Económicas de Galicia. Datos para o período 1990- 2019 (máis actualizados
nas Contas Trimestrais).

Polo tanto: para a análise das tendencias a longo prazo temos que utilizar a primeira serie;
para examinar a dinámica nos últimos 40 anos empregaremos as series do INE e do IGE




1. O proceso de crecemento da economía galega. Evolución do PIB e o PIB/habitante;
alcance e límites do proceso de converxencia.

a. Tendencias globais no período 1960-2020

Ao longo das 6 últimas décadas o PIB (o produto) da economía galega experimentou
un forte crecemento. O que, dado o práctico estancamento do número de habitantes,
posibilitou un incremento similar do PIB/ habitante: tanto o PIB como o PIB per cápita
(PIBpc) multiplicáronse por máis de 5 en termos reais (a prezos constantes).

Ese crecemento do PIB/hab no conxunto das 6 décadas superou en Galiza o rexistrado
no Estado, o que posibilitou unha converxencia deste índice coa media española,
atenuando deste modo o atraso relativo do que partía Galiza a mediados do século XX.

Ese panorama, en principio positivo, necesita dúas matizacións:

- A magnitude da converxencia no PIBpc foi modesta: o PIB/hab pasou aquí do
69,9% da media española en 1955 ao 90,3% en 2019 (datos do INE). Por tanto,
nos últimos 60 anos logramos recortar nuns 20 puntos a diferenza que nos
separaba da media estatal (pasamos do 70% ao 90% desta media). A ese ritmo
Galiza necesitaría outros 30 anos para lograr equiparar o PIBpc coa media do
Estado.

, - A iso hai que engadir outra limitación do proceso: a converxencia no PIB/hab
debeuse integramente á evolución demográfica, ao incremento muito menor
que experimentou en Galiza a poboación. Mentres que o crecemento do
produto, do PIB, foi inferior ao español. Consecuencia: Galiza mellorou o nivel
relativo do PIBpc, pero ao mesmo tempo que perdía peso económico e
demográfico no Estado (baixou a nosa participación no PIB e na poboación
española).

Tendencias xerais a nivel español

A evolución galega encaixa nas pautas xerais que se constatan no Estado Español.
Nos últimos 60 anos reducíronse claramente as disparidades rexionais no nivel do
PIBpc.
As Comunidades Autónomas que partían dun nivel de desenvolvemento inferior á
media (como Galiza) viron mellorar a súa posición relativa; e o contrario para aquelas
que partían dun PIBpc superior á media estatal (estas viron atenuarse o seu diferencial
positivo).
Produciuse, pois, un nítido proceso de converxencia no nivel do produto per cápita
entre os diversos territorios do Estado.
Iso obsérvase no gráfico recollido na diapositiva seguinte.
Neste gráfico figuran as 17 CCAA, distribuídas segundo: o nivel relativo do PIBpc do
que partían en 1950 –diferencial respecto á media estatal- (eixo de abscisas); e a taxa
de crecemento anual que experimentou ese PIBpc no período 1950-2000 (eixo de
ordenadas).
Podemos comprobar como existe unha clara correlación inversa entre ambas variábeis
(isto reflíctese na pendente negativa da recta de regresión). O que significa que foron
as CCAA que partían dun menor PIBpc as que rexistraron un maior crecemento deste
índice; producíndose pois un proceso de converxencia rexional desde este punto de
vista (o nivel do PIBpc).

Non obstante, esa redución das disparidades dentro de España require dúas
matizacións:
- A converxencia foi limitada: na actualidade subsisten importantes diferenzas no
PIBpc por Comunidades Autónomas.
- Esa converxencia no PIBpc non se debeu, en xeral, a que os territorios menos
desenvolvidos experimentaran un maior crecemento económico (un maior
crecemento do PIB), senón ao menor incremento que neles rexistrou a
poboación.
Noutras palabras: a converxencia no PIBpc tivo lugar en boa medida por un
desprazamento dos factores produtivos (en especial a man de obra) das zonas máis
pobres cara aquelas con maior nivel de renda.
De tal modo que as Comunidades pobres viron mellorar o nivel relativo do PIBpc ao
mesmo tempo que perdían peso económico e demográfico no conxunto do Estado; e o
contrario sucedeu para as ricas: estas tenden a concentrar unha proporción crecente
da poboación e o produto, ao mesmo tempo que o seu nivel relativo do PIBpc se
aproxima á media estatal.

,Consecuencia: a redución das disparidades no PIBpc acompañouse dunha crecente
concentración da poboación e o produto nas CCAA máis desenvolvidas.
Isto constátase na diapositiva seguinte, onde figura (para o período 1950-2000) o
diferencial de crecemento do produto, a poboación e o PIBpc de cada CCAA respecto á
media española.

Vemos que:
- As CCAA que partían dun PIBpc inferior á media rexistraron un crecemento
deste índice superior á media (diferencial positivo na última columna).
- Pero iso non se debeu a un maior crecemento do PIB senón a un menor
aumento da poboación: coa única excepción de Murcia e Canarias, todas esas
CCAA rexistraron un aumento do PIB inferior á media; e foi o diferencial
negativo muito maior que presentan na variación da poboación o que
posibilitou a mellora relativa do seu PIBpc.

b. Evolución temporal; as tres grandes etapas que cabe diferenciar do PIBpc
galego: 1955-1980, 1980-2000, 2000-2020

Dacordo coa serie recollida no gráfico da diapositiva 6 (datos do BBVA- Funcas):

- O PIBpc de Galiza experimentou unha importante converxencia coa media
estatal no período 1955-1980, sobre todo de 1965 a 1980 (subiu do 70% ao
80% desa media).
- No período 1980-2000 o nivel relativo do PIBpc galego estáncase, en torno ao
80% da media española.
- O proceso de converxencia, de aproximación do PIBpc de Galiza á media do
Estado, só se reanuda na década 2000-2010.

Datos de contexto: as etapas que cabe diferenciar na conxuntura da economía galega e
española nos últimos 60 anos (fixándonos nas taxas de crecemento económico).

Sete etapas:
1955 (1960) -1975: forte crecemento económico (etapa do “desarrollismo” español)
1975-1985: década de desaceleración que sigue á crise dos 70. 1986-1991: expansión
económica
1992-1994: crise de principios dos 90
1995-2007: etapa prolongada de expansión
2008-2013: crise
2014-2019: recuperación recente 2020 - ??

Análise máis precisa da evolución nas catro últimas décadas (1980-2020) (a partir dos
datos da “Contabilidad Regional” do INE

- No período 1980-2000 o nivel relativo do PIBpc galego non se mantivo
estancado, senón que rexistrou un forte deterioro: do 86,6% da media

, española en 1981-1985 ao 77,5% en 2001; sufrindo pois neses 20 anos unha
caída de 9 puntos.
- Despois desa “volta atrás”, desde 2001 reanudouse o proceso de converxencia;
alcanzando, sobre todo no cuatrienio 2005-2008, un ritmo considerábel: o
PIBpc galego ascendeu do 77,5% da media estatal en 2001 ao 87,5% en 2008 e
o 90,3% en 2019mellora de 13 puntos en 18 anos.
- Balance global: a recuperación dos dous últimos decenios só permitiu algo máis
que compensar o retroceso das dúas décadas precedentes. De tal modo que no
conxunto dos últimos 40 anos cesou practicamente a converxencia do PIBpc
galego co español; o nivel relativo en 2019 (90,3%) é só lixeiramente superior
ao de 1981-85 (86,6%), sendo isto o resultado do retroceso no período 1980-
2000 e a recuperación nos anos 2001-2019.

En resumo, na evolución dos últimos 60 anos hai que diferenciar tres grandes
períodos:
1955-1980: converxencia do PIBpc galego coa media española.
1980-2000: retroceso ou volta atrás (o PIBpc galego alónxase do español).
2001-2020: reanudación do proceso de converxencia, para retornar en 2008 a un nivel
relativo do PIBpc similar ao que Galiza tiña alcanzado en 1980 (ao redor do 87%) e
superar en 2019 o 90% da media española.
Maior precisión: intensa converxencia no decenio 2000-2010; práctica estabilización
do nivel relativo do PIBpc na última década (2010-2019).

Orixe das tendencias constatadas desde 1980
- O crecemento da poboación é en todas estas décadas en Galiza mui inferior á
media española (a participación da poboación galega no total español diminúe
de forma continua).
- Polo tanto, as oscilacións na evolución relativa do PIBpc teñen a súa orixe nas
taxas de crecemento do PIB: comportamento mui desfavorable da nosa
economía no período 1980-2000 (crecemento do PIB mui inferior ao español);
taxas de crecemento similares ou superiores ás de España nos últimos 20 anos.

The benefits of buying summaries with Stuvia:

Guaranteed quality through customer reviews

Guaranteed quality through customer reviews

Stuvia customers have reviewed more than 700,000 summaries. This how you know that you are buying the best documents.

Quick and easy check-out

Quick and easy check-out

You can quickly pay through credit card or Stuvia-credit for the summaries. There is no membership needed.

Focus on what matters

Focus on what matters

Your fellow students write the study notes themselves, which is why the documents are always reliable and up-to-date. This ensures you quickly get to the core!

Frequently asked questions

What do I get when I buy this document?

You get a PDF, available immediately after your purchase. The purchased document is accessible anytime, anywhere and indefinitely through your profile.

Satisfaction guarantee: how does it work?

Our satisfaction guarantee ensures that you always find a study document that suits you well. You fill out a form, and our customer service team takes care of the rest.

Who am I buying these notes from?

Stuvia is a marketplace, so you are not buying this document from us, but from seller jorgenoyarial. Stuvia facilitates payment to the seller.

Will I be stuck with a subscription?

No, you only buy these notes for $7.22. You're not tied to anything after your purchase.

Can Stuvia be trusted?

4.6 stars on Google & Trustpilot (+1000 reviews)

82956 documents were sold in the last 30 days

Founded in 2010, the go-to place to buy study notes for 14 years now

Start selling
$7.22
  • (0)
  Add to cart