TEMA 3: GLICIDOS
CARACTERÍSITICAS XERAIS DAS MOLÉCULAS ORGÁNICAS
Son biomoléculas formadas por esqueletos hidrocarbonados derivados dos hidrocarburos,
compostos no que o esqueleto está constituído por átomos de C unidos por enlaces
covalentes a átomos de H.
A substitución dun ou máis
átomos de H por uns grupos de
átomos, chamados grupos
funcionais, confirenlles
propiedades especiais a estas
biomoléculas orgánicas. Entre os
grupos funcionais atopamos:
grupo alcohol, aldehido e cetona,
ácido ou carboxílico, éster,
amina e amida.
Cando nunha mesma molécula
coinciden varios grupos
funcionais, a familia á que
pertence dependerá do grupo
predominante (por exemplo, se
nunha molécula hai varios
grupos alcohol e un grupo
aldehido, este é o grupo
principal). Este grupo principal
tamén condiciona a numeración
dos carbonos na cadea.
14
, Todas as biomoléculas orgánicas realizan unha función nos seres vivos. Esta función
dependerá ademais da súa composición, da súa forma e tamaño.
Por outro lado, moitas moléculas orgánicas difiren só na disposición dos seus átomos
dentro da molécula, aínda que coincidan na mesma fórmula molecular. Este fenómeno
denomínase isometría, e os compostos semellantes isómeros. Un exemplo disto é a
isomería espacial, na que os grupos funcionais admiten dúas disposicións alternativas no
espazo.
GLÍCIDOS
Tamén denominados azucres ou hidratos de carbono (carbohidratos). Están formados por
átomos de C, O e H. Responden a fórmula xeral C11(H20)n, onde “n” representa o número de
átomos de C da molécula aínda que algúns conteñen N ou P.
As unidades básicas son moléculas chamadas osas ou monosacáridos, a partir das cales
poden formarse os outros glícidos máis complexos, os ósidos, mediante polimerización. A
clasificación dos glicidos é a seguinte:
➔ Monosacáridos (osas), son os máis sinxelos pois non se poden descompoñer en
glícidos máis simples. Son as unidades ou elos cós que se constrúen os demais
glícidos.
➔ Ósidos, compostos formados pola unión de varios monosacáridos. Subdivídense
en:
◆ Holósidos, constituídos unicamente por monosacáridos. Segundo o número
distinguimos os oligosacáridos (ata 10 unidades), e os polisacáridos (con
máis de 10 monómeros). Entre os oligosacáridos, os máis importantes son os
disacáridos. Os polisacáridos a súa vez poden ser homopolisacáridos (=
ms) e heteropolisacaridos (≠ ms).
◆ Heterósidos, teñen unha parte glicídica e outra non glicídica, como pode ser
unha proteína ou un lípido. Son as glicoproteínas e os glicolípidos.
1. Monosacáridos.
Son polihidroxialdehidos ou polihidroxicetonas, xa que consisten en polialcohois de 3 a
7 atómos de carbono cun grupo funcional principal carbonilo, polo que se inclúen dentro da
familia dos aldehídos ou das cetonas. Cando son aldehídos denomínanse aldosas, e se
son cetonas, cetosas. Unhas e outras poden nomearse tamén en función do número de
carbonos: (aldo- e ceto-) triosas, tetrosas, pentosas, hexosas, heptosas. Nas aldosas o
carbonilo vai sobre o C1 e nas cetosas o carbonilo vai no C2.
Estructura
A maioría dos monosacáridos presentan carbonos asimétricos (átomos de C unido a 4
átomos ou grupos funcionais distintos), o que determina dúas posibilidades isoméricas. Así,
por exemplo, o D-gliceraldehído só ten un carbono asimétrico, o nº 2. Cando se cambia a
15