1. O Neolítico: características e cambios con respecto á época
Paleolítica (cambios económicos, sociais e culturais)
Como no resto de Europa, o Neolítico chega á Península Ibérica procedente
de Oriente Próximo, onde a aparición do clima actual, fai uns 12.000 anos,
supuxo a desertización de amplas zonas e a concentración da poboación en
vales fluviais, onde houbo de buscarse a forma de aumentar a produción de
alimentos mediante a agricultura e a gandería. Estas tarefas, á vez que
sedentarizaban á poboación en núcleos agrícolas estables, introduciron unha
crecente división do traballo e a aparición de diferenzas sociais. Así mesmo, a
tecnoloxía cambiou: non só se adoptou unha nova técnica de traballo da
pedra, consistente en pulila tras tallala, senón que se diversificou a industria
lítica en toda unha serie de ferramentas agrícolas (aixadas, fouces, muíños de
man,…), adquiriron gran auxe os obxectos de madeira, asta e óso, así como o
tecido, e, sobre todo, desenvolvéronse novas tecnoloxías relacionadas coa
conservación e cocción dos alimentos(cestería e, especialmente, a cerámica).
Tamén o mundo das crenzas evolucionou: xunto ó culto aos mortos e os
rituais de enterramento, aparece a relixión no seu estadio máis primitivo, o
animismo, sobre todo en cultos a espíritos relacionados coa fertilidade dos
campos, do gando,… Igualmente a arte experimentou cambios, visibles nas
pinturas rupestres do levante peninsular: se seguen usando pigmentos
minerais aglutinados con graxa e aplicados en paredes de covas e abrigos
rochosos (como a Valltorta, en Castelló, ou Cogull, en Lleida), pero existen
varias diferenzas con respecto á arte rupestre da cornixa cantábrica
(Altamira): a composición cambia as figuras illadas por escenas dinámicas
(sen fondo) con temas da vida cotiá, rituais, loitas ou cacerías, e nas que
abunda a figura humana, representada de forma pouco realista, sen volume
(tintas planas e monocromas), estilizada e mesmo esquematizada; mostra da
crecente abstracción é a usual aparición de signos e ideogramas de significado
descoñecido.
O Neolítico penetra na Península polo Mediterráneo en ondas que se
mesturan con trazos autóctonos na súa evolución: dunha primeira fase,
destaca a cultura da cerámica cardial, así chamada pola decoración impresa
con cunchas de berberecho (Cardium edule), que abundan por toda a franxa
mediterránea peninsular, e na que prevalece a gandería. Nas seguintes fases
alcanza o interior e o norte peninsular, destacando a cultura dos sepulcros de
fosa en Cataluña, de predominio agrícola e caracterizada polos enterramentos
individuais con enxoval, mostrando a estratificación social. Ao final do
Neolítico, finalmente, podemos identificar tanto o megalitismo como a
cultura do vaso campaniforme.
, 2.- Os pobos prerromanos da Península Ibérica (pobos do sur e do
levante, meseteños e do occidente peninsular)
No primeiro milenio conformáronse na Península varias culturas distintas
pero interrelacionadas entre si. Por exemplo, a cultura tartésica, que
acadou o seu máximo apoxeo entre os séculos VIII e VI a. C., situada no sur
da Península e centrada na minería e o comercio, pero que desapareceu antes
da chegada do Imperio Romano.
Na zona do sur, levante e val do Ebro, atopamos unha serie de pobos
heteroxéneos, influídos polas colonizacións mediterráneas que adquiren
relevancia a partir do s. VI a.C, sendo denominados iberos pola
historiografía tradicional (turdetanos, oretanos, bastetanos...). A súa
economía era fundamentalmente agrícola e gandeira (aínda que tamén
desenvolveron relacións comerciais con gregos, fenicios e cartaxineses). A súa
organización política estaba bastante desenvolvida, con influencia do modelo
de cidade-Estado de fenicios e gregos. Cada Estado (normalmente gobernado
por un rei) podía comprender varias cidades cos seus territorios circundantes.
Na cultura ibera destaca:
• escritura: expresión dunha lingua común, pero que se escribía con
diversos alfabetos.
• relixión: con influencia gregas e púnicas que mesturaron coas súas
crenzas ancestrais.
• arte: funcionalidade relixiosa e funeraria (Dama de Elx e de Baza)
Na zona do centro e o oeste (pobos meseteños) hai un grupo moi
heteroxéneo de pobos (celtiberos, carpetanos, lusitanos, vetones…) con
influenzas indoeuropeas e tamén (máis debilmente) dos colonizadores
mediterráneos. Comunmente coñecíaselles como celtas ou celtíberos,
aínda que esta denominación está desfasada. Teñen unha serie de trazos
comúns:
• A súa economía era agrícola-gandeira, con menor peso do comercio.
• A súa sociedade mantiña unha forte cohesión tribal e habitaban
poboados fortificados.
• Arte: destacan esculturas de animais tipo verracos, como os Touros de
Guisando, ligadas aos cultos gandeiros.
No norte e noroeste, a cultura castrexa resulta da mestura dos pobos
indoeuropeos chegados á península a comezos do primeiro milenio a. C.
Galaicos, ástures, cántabros, vascones… continúan existindo no inicio da
dominación romana. Eran moi heteroxéneos pero tiñan características
comúns. A súa relacións cos colonizadores foi moi reducida, e o seu carácter