AS CORTES DE CÁDIZ DE A
CTH.2
CONSTITUCIÓN DE 1812
Durante a loita contra o exército de Napoleón, o baleiro de poder provocado pola crise da
monarquía borbónica, abriu unha estrutura de oportunidade para os liberais de aprobar nas
cortes de Cádiz (1810) a primeira constitución da historia de España, a constitución de 1812, e
outros decretos que na práctica puñan fín ao Antigo Réxime, converténdose no primeiro
referente do liberalismo político en España.
Neste período a situación de España é complicada debido á derrota contra as tropas
británicas en Trafalgar da Armada francoespañola en 1805. A crise empeorou cando Esapaña
accedeu a asinar o Tratado de Fontainebleau , que autorizaba ao exército francés a atravesar
a península co fin de atacar Portugal ante a súa oposición ao bloqueo contintental decretado
por Napoleón, e o posterior desmembramento en tres reinos, quedando a parte sur para o
Godoy, valido de Carlos IV. En 1808 as tropas napoleónicas entraron en España e , ante o temor
dunha ocupación napoleónica da península, Godoy e e máis o rei se marcharon a Aranxuez.
Neste mesmo lugar tivo lugar o 18 de maio de 1808 o motín de Aranxuez, polo que Carlos IV
viuse obrigado a abdicar en Fernando, nomeado novo rei de España. Carlos pide axuda a
Napoleón, que reúne a familia real en Baiona para obrígalle a Fernando a devolverlle a coroa
a Carlos e este ao propio Napoleón, quen finalmente nomea rei ao seu irmán Xose I.
Xosé I implantou os ideais liberais vixentes en Francia e creou a denomida Consitución de
Baiona (1808), carta outorgada na que se autolimitaba os poderes. Era de caracter
conservador e establecía unha monarquía na que o rei seguía sendo o centro de todo o
sistema, pero cunha certa separación e limitación de poderes. Suprimiu os dereitos señoriais,
reduciu as ordes relixiosas e elimininou a Santa Inquisición. Eliminou as aduanas interiores e
aranceis e fomentou a creación de escolas e a centralización da administración. Estas medidas,
p supuxeron a abolición das estructuras do Antigo Réxime quitándolle poder á Igrexa e á
nobreza, gañándose a simpatía da burguesía. Xosé I tentou gobernar España con intencións
de cambio e renovación, pero atopouse cun país en guerra e con poucos apoios pois as masas
populares o rexeitaban.
No 1808 o traslado da familia real a Francia provocou un malestar en Madrid que se traduciría
na sublevación do 2 de maio, dando inicio a unha dura guerra contra os franceses que duraría
6 anos.
As revoltas populares que se desenvolvían durante a guerra derono lugar á creación de Xuntas
locais que se reunián en Xuntas provinciais coordinadas pola Xunta suprema central, que
durante a profunda crise creada pola guerra, ordenou a celebración de Cortes. Esta tivo lugar
en Cádiz, pois era a única cidade que resistira ao asedio francés, 24 de setembro de 1810.
Partciparon maioritariamente eclesiásticos, membros das clases medias urbanas e instruídas
da que forman parte profesionais liberais, avogados, xentes da administración e militares.
A sociedade española dividiuse en dous bandos, os fernandinos, que defendían o dereito de
Fernando a ser o monarca, e os afrancesados, principalmente burgueses, que apoiaban aos
franceses.