A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA (1923-1930)
O 13 de setembro de 1923, Miguel Primo de Rivera, Capitán Xeneral en Cataluña dá un golpe de estado
en Barcelona e no seu Manifesto ao país e ao exército, xustifícase sinalando algunhas CAUSAS
EXPLICATIVAS DO GOLPE DE ESTADO:
1. antimilitarismo e as críticas ao exército, polos fracasos na Guerra de Marrocos.
2. críticas ao rei responsable do Desastre de Annual.
3. aumento de atentados terroristas na rúa: contra o clero, políticos, líderes sindicais...
4. incapacidade dos “profesionais da política” para controlar a situación caotica
5. atraso económico e o temor a unha sublevación social e política (comunista)
6. radicalización das manifestacións catalanistas
No seu manifesto, Primo intenta demostrar que reina o caos, e que el será a solución, prometendo
solucionar en 3 meses, de forma autoritaria, a profunda crise existente,como un cirurxián de ferro
(expresión rexeneracionistas Joaquin Costa) extirpando os males.
O Goberno reaccionou pedindo ao rei a destitución dos sublevados, pero ante a falta de apoio do monarca
(máis defensor do exército que da Constitución), Goberno (do liberal García Prieto) acabou presentando a
súa dimisión en bloque.
O día 14, Alfonso XIII reúnese con Primo de Rivera, entregándolle o Goberno aceptando así o golpe.
Comezaba así unha peculiar ditadura con rei.
O golpe de Estado contou inicialmente cunha gran aceptación popular polo malestar político e social e
porque se presentaba como unha medida excepcional e transitoria.
Ademais do rei, contou con outros APOIOS:
-exército, recuperar protagonismo e importancia
-élites económica e política (conservadores, burgueses e propietarios), querían orde.
-pobo, que aceptou con pasividade esta “solución temporal”.
-socialistas do PSOE, apenas amosaron oposición ata 1925.
Partido Comunista (PCE) e os anarquistas da CNT que si se opuxeron e foron moi críticos desde o
primeiro momento igual que republicanos, vellos políticos monárquicos, os intelectuais e os estudantes
universitarios.
Así comezaba a ditadura de Primo de Rivera (1923-30), un réxime autoritario e paternalista,
O xeneral Primo de Rivera presentouse a si mesmo como o rexenerador, o “ciruxián de ferro” que o pais
necesitaba para solucionar os problemas máis urxentes: caciquismo, corrupción política, separatismo,
terrorismo, enfrontamentos sociais, escaso desenvolvemento económico, guerra en Marrocos… Non tiña
formación intelectual nin política, o seu pensamento era simplista e inxenuo: Católica e conservadora,
matizado pola mentalidade e principios militares de orde e autoridade. Influenciado por Mussolini e o
fascismo italiano.
O réxime foi autoritario, populista, paternalista e optimista.