INVESTIGACIÓN EDUCATIVA
ACTIVIDADE INDIVIDUAL
PROFESORA: Pepa Mosteiro García
Grupo Interactivo nº: 1
Alumna/o (Nome e Apelidos): Nerea Barrio Corral
, INFORME DE INVESTIGACIÓN: ESTUDO SOBRE A INCLUSIÓN DO ALUMNADO CON
DISCAPACIDADE NA UNIVERSIDADE
8. Resultados:
Para analizar se os obxectivos propostos se cumpren ou non e para contrastar as hipóteses
inicialmente plantexadas, debemos realizar diferentes probas e analizar os seus resultados.
Polo tanto, no referente ao primeiro obxectivo, describimos as principais características socio
demográficas dos participantes no estudo:
Para comezar, antes de ir analizando cada variable por separado, podemos formular os
diferentes estatísticos das variables sexo, idade, titulación, rama de coñecemento da titulación
e campus; pero debemos de ter en conta que nas variables cualitativas non ten sentido
calcular a media nin a mediana, xa que só se usan en variables cuantitativas, polo tanto en
todas as variables presentes neste obxectivo, de todas as medidas de tendencia central só lle
damos importancia á moda; ademais, as medidas de dispersión tampouco son relevantes
neste tipo de variables.
Táboa 1
Estatísticos das variables sexo, idade, rama de coñecemento, curso e campus.
P4. Rama de
coñecemento da
P1. Sexo P2. Idade titulación P5. Curso P6. Campus
N Válido 100 100 100 100 100
Perdidos 0 0 0 0 0
Media 1,33 1,90 2,64 3,48 1,31
Mediana 1,00 2,00 2,00 4,00 1,00
Moda 1 2 1 4 1
Desviación estándar ,473 ,522 1,580 ,882 ,465
Varianza ,223 ,273 2,495 ,777 ,216
Sexo:
Como podemos observar na figura 1, neste estudo máis da metade dos participantes son
mulleres (67%) fronte unha porcentaxe de homes do 33%. Ademais, seguindo a táboa 1
podemos corroborar estes datos, posto que a moda referente ao sexo é o valor 1, asociado
ás mulleres.
1