FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN
Bauman, Z. (2007). Los retos de la educación en la modernidad líquida.
Barcelona: Gedisa.
RECENSIÓN
PEDAGOXÍA SOCIAL
GRAO EN PEDAGOXÍA
Prof. Dr. José Antonio Caride
Prof. Dra. Rita Gradaílle
Prof. Dra. Belén Carballo
Ano académico: 2019/20
BARRIO CORRAL, NEREA
Curso: 2º
Grupo Interactivo: 1
, Neste libro Los retos de la educación en la modernidad líquida de Bauman, a idea principal
que o autor aborda neste libro son os retos que debe asumir a educación nunha sociedade
líquida, capitalista e consumista, cando anteriormente era unha educación sólida, é dicir, algo
que conserva a súa forma e que persiste no tempo. Ademais, podemos ver como o autor vai
mencionando diferentes ideas secundarias:
En primeiro lugar, explica que actividades que antes se realizaban sen problemas e de boa
gana, agora son consideradas unha pérdida de tempo, como por exemplo, coa comida ou a
bebida que antes había que preparar e que agora existe no supermercado precociñada, xa non
perdemos tempo cociñándoa, senón que a mercamos directamente para aforrar tempo.
Continúa coa “síndrome da impaciencia”, co que expresa que a espera é un sinal de
inferioridade, posto que as persoas que esperan, por exemplo, nunha sala de espera, é xente
inferior que agarda a que unha persoa superior o/a atenda, facendo así que as persoas de máis
poder obteñan o que queren antes que persoas que non teñen poder.
O autor con esta síndrome quere dicir que calquera tempo de espera xera impaciencia nos
tempos de hoxe como é a modernidade líquida, porque vivimos totalmente acelerados e
necesitamos obter calquera cousa sen pérdidas de tempo e, de non facelo, xerarase en nós
unha sensación de fracaso e frustración, cando en realidade hai cousas que necesitan o seu
tempo para poder conseguilas ou realizalas. Este é o caso da educación, que é un proceso que
abarca toda a vida, cando na actualidade, cremos que a educación é só no ámbito escolar, ben
educación primaria, secundaria ou superior, e que despois de rematar os estudos xa se sabe o
suficiente como para rematar a educación.
É importante destacar que a educación non só está no ámbito da escola, senón que segue máis
alá dela e, incluso, pode ser máis importante ca esta.
Cita a Benjamin Franklin: “el tiempo es dinero”, que fai un eloxio ao tempo, algo inverso ao
tema tratado anteriormente de que o tempo é unha faena.
Todo isto fai que na actualidade nos centremos máis en aforrar tempo que en valoralo, polo
que nos fixamos menos no noso arredor, intentamos facer cousas que nos sexan rentables a
longo prazo, orientámonos máis a escoller estudos que teñen máis saídas profesionais que os
que realmente nos gustan para “non perder tempo con carreiras non produtivas”...
1