5.- Os musulmáns na Península Ibérica (etapas políticas e realidade
socioeconómica).
Os musulmáns chamaron aos seus territorios na Península Ibérica Al-Ándalus. Tariq
liderou a victoria fronte ao exército visigodo de Don Rodrigo na batalla de Guadalete
(711). En poucos anos, os musulmáns ocuparon toda a península excepto certas rexións do
norte, chegando a acordos con moitos nobles e aproveitando o desinterese da poboación en
defender á monarquía visigoda, que desapareceu. Cruzaron os Pirineos, sendo freados
polos francos na batalla de Poitiers (732). Os musulmáns permanecerían na
península ata 1492, pasando por varias etapas:
EMIRATO DEPENDENTE DE DAMASCO (711-756)
Neste período Al-Ándalus foi unha provincia do califato Omeia.
EMIRATO INDEPENDENTE (756-929)
No ano 750, a familia Abasí chegou ao poder no Islam, despois de asasinar á familia
Omeia excepto Abderramán, que escapou a Al-Ándalus. Alí proclamouse emir
independente, pero recoñecendo a autoridade relixiosa do califa.
CALIFATO DE CÓRDOBA (929-1031)
No 929, Abderramán III proclamouse califa, desligándose do califa de Bagdad,
iniciando unha época esplendorosa para Al-Ándalus.
REINOS DE TAIFAS (1031-mediados século XIII)
A comezos do século XI, Al-Ándalus entrou en crise, dividíndose en múltiples reinos,
chamados “de taifas”. Os reinos cristiáns aproveitaron para arrebatarlles territorios ou
sometelos ao pago de tributos (parias) Nas seguintes décadas pobos como os
almorábides ou os almohades ostentaron temporalmente o poder, ata 1212, coa derrota
nas Navas de Tolosa marcando a definitiva decadencia de Al-Ándalus.
REINO NAZARÍ DE GRANADA (1238-1492)
A partir de 1238, o escaso territorio restante quedou en mans da dinastía nazarí, con
capital en Granada, sobrevivindo con pactos, sometemento e loita militar ata o 1492. Ese
ano foi conquistado por Castilla, rematando a presenza musulmá na península.
A economía andalusí foi urbana e mercantil. As cidades albergaban escasos lugares
públicos, salvo mesquitas ou zocos. O seu plano era irregular, existindo cidades moi
populosas (Córdoba, Sevilla).
As principais actividades económicas foron:
-Agricultura: Tríade mediterránea e outros cultivos de regadío.
-Produción artesanal: téxtil de seda, liño, coiro, olería, vidro...
-Comercio: Roteiros internacionais co Norte da Península, o Magreb e Mediterráneo. O
comercio interior desenvolvíase nos zocos.
A sociedade era diversa étnica e relixiosamente. A elite era a aristocracia árabe, con
grandes propiedades e cargos. Os bereberes podían ocupar cargos medios en exército e
administración. Os hispanovisigodos dividíanse nunha minoría de nobres e alto clero e
unha maioría de campesiños e artesáns. Existían outros grupos relixiosos: mozárabes
(cristiáns en territorio musulmán), muladíes (cristiáns convertidos ao Islam) e xudeus.
Finalmente, estaban os escravos, que podían convertíanse para liberarse.